16/3/20

INSTRUCIÓNS A TER EN CONTA DURANTE A NOSA ESTANCIA NA CASA POLO CORONAVIRUS

Ola rapaces/as!!     Como vai todo??


Como sabedes e estades vendo, estamos nunha situación un tanto especial.

Se todo fose normal, deberiamos estar no cole, continuando coas nosas rutinas e actividades pero... non pode ser así. 

Todos e todas debemos seguir as recomendacións que nos van dando as autoridades para frear este novo coronavirus e non propagalo. 

Estades vos cumprindo as recomendacións??? Espero que si!!

Pois ben, que vos quería dicir?

Pois que durante este tempo deberedes realizar unha serie de tarefas e actividades. 

Debemos ser responsables e seguir facendo o noso traballo. 


Pero non vos preocupedes, son tarefas sinxelas, non teredes problemas.


Cada día teredes aquí, dentro do CONTEXTO MATEMÁTICO, unha nova entrada, coas tarefas que deberedes realizar ese día. Intentade facelas esa mesma xornada para que non se vos vaian acumulando.

Espero que sexan actividades que vos motiven!!!


A continuación vos deixo unhas instrucións máis detalladas sobre todo isto. Lédeas detidamente. Pincha co rato enriba da seguinte palabra en maiúsculas para velas. 

                                  INSTRUCIÓNS 


Igualmente recordade, tiñades que preparar uns poemas, cada un unha estrofa,. Pincha na seguinte palabra en maiúsculas para acceder a eles.


                                     POEMAS



Por se tes algún problema ou dúbidas para sabes que facer unha vez pulses nas palabras en maiúsculas, déixoche unha imaxe aquí abaixo do que debes facer.

- Primeiro pincha arriba a dereita co botón do rato esquerdo como verás. 


- Logo, de novo co botón esquerdo do rato, pincha en abrir e xa se che abrirá o documento de Word no teu dispositivo (ordenador).









- Unha vez aberto verás o seguinte. Se che aparece a mensaxe en amarelo como no caso da imaxe  de abaixo pulsa en Habilitar edición como se che explica en vermello. Senón che aparece isto non debes facer nada máis, xa terás aberto o teu Word.







Ata aquí esta primeira entrada do blog durante as nosas estancias na casa polo coronavirus. Hoxe día 16 lede ben toda a información. Para mañá día 17 xa teredes unha nova entrada para empezar a traballar.

Saúdos e recordade, a ser felices!!!!!!!! 😁😁😁😁😷


No hay comentarios:

Publicar un comentario