10/6/16

Excursión a Cíes.

O martes 7 de xuño,todos os nenos do cole, agás quinto e sexto, fomos de excursións as Illas Cíes.
A monitora ensinounos a Illa de Monteagoudo e a Illa do Faro. Despois de comer tivemos xogos na praia de Rodas.
Despois de comer un xeado montamos no barco e volvemos a Cangas.
Pasámolo moi ben.



O día do libro!

Este curso por fin xa fomos padriños no día do libro!!
Tocounos  ler aos pequenos!!!


Galicia.


Scornabots!

Aquí temos o vídeos de como fixemos o escornabots e o plano da cidade para que practicasen os nenos de infantil!

Novas cartillas!!

Os novos contramestres xa teñen as novas cartillas de navegación  e xa colocaron o barquiño no seu novo rol.


Ascendemos !!

Algúns nenos de terceiro xa remataron a cartilla de navegación… polo tanto ascenderon no rol de navegación: Xa somos contramestres!


Que traballen as máquinas!

Aprendemos a manexar a termomix! Fixemos unha fondue de chocolate para comer coa froita…

Ummmmm estaba boísimo!!


Alto Policía!

A policía local falounos de seguridade víal… e o mellor de todo… montamos  na moto e fixemos soar a serea!!



Visitamos a charca!

Alá imos… a estudar os animais no medio deles…  artrópodos, miriápodos, anélidos, anfibios… e unha ra que non para calada nin debaixo da auga!!


Aprendemos sobre seguridade!

 Recibimos a visita de protección civil e aprendemos moito sobre seguridade e sobre todo a como saír do cole en caso de incendio!!
Xa temos plan de evacuación!!