10/6/16

Excursión a Cíes.

O martes 7 de xuño,todos os nenos do cole, agás quinto e sexto, fomos de excursións as Illas Cíes.
A monitora ensinounos a Illa de Monteagoudo e a Illa do Faro. Despois de comer tivemos xogos na praia de Rodas.
Despois de comer un xeado montamos no barco e volvemos a Cangas.
Pasámolo moi ben.



O día do libro!

Este curso por fin xa fomos padriños no día do libro!!
Tocounos  ler aos pequenos!!!


Galicia.


Scornabots!

Aquí temos o vídeos de como fixemos o escornabots e o plano da cidade para que practicasen os nenos de infantil!

Novas cartillas!!

Os novos contramestres xa teñen as novas cartillas de navegación  e xa colocaron o barquiño no seu novo rol.


Ascendemos !!

Algúns nenos de terceiro xa remataron a cartilla de navegación… polo tanto ascenderon no rol de navegación: Xa somos contramestres!


Que traballen as máquinas!

Aprendemos a manexar a termomix! Fixemos unha fondue de chocolate para comer coa froita…

Ummmmm estaba boísimo!!


Alto Policía!

A policía local falounos de seguridade víal… e o mellor de todo… montamos  na moto e fixemos soar a serea!!



Visitamos a charca!

Alá imos… a estudar os animais no medio deles…  artrópodos, miriápodos, anélidos, anfibios… e unha ra que non para calada nin debaixo da auga!!


Aprendemos sobre seguridade!

 Recibimos a visita de protección civil e aprendemos moito sobre seguridade e sobre todo a como saír do cole en caso de incendio!!
Xa temos plan de evacuación!!


21/4/16

Prohibido non tocar!

A ciencia chegou ao cole!! Que ben o pasamos e canto aprendemos!!



7/4/16

Visitamos a praza de abastos!

Onte visitamos a praza de abastos. Aprendemos moitísimo sobre os peixes, carnes, froitas e verduras que alí podemos mercar. Estaba todo fresquísimo!!




24/2/16

Facemos un escornabot.

Estamos feitos uns manitas.... e para mostra:
Un vídeo!!

17/2/16

Pontevedra é boa vila!

Aquí están as fotografías da nosa visita a Pontevedra , ademais de dar un paseo pola capital de provincia, estivemos no teatro para ver "Alice" unha obra de teatro en inglés, gustounos moitísimo!!
A raíña de corazóns

3º Na praza da leña

11/2/16

Recibimos resposta!

Hoxe recibimos contestación da dirección...
Imos ter un novo espazo no cole!! nel poderemos investigar, pero sobre todo experimentar...
Somos ademais os encargados de preparar o espazo, facer as normas, o inventario e o horario.
Temos moito traballo por diante!


31/1/16

Practicamos a división

Preme na imaxe e poderás xogar e practicar a división!
http://www.arcademics.com/games/demolition/demolition.html
http://www.fun4thebrain.com/Division/kaigasdiv.html

26/1/16

Escribimos unha carta formal.

Decidimos facer unha solicitude á dirección do cole solicitando que a antiga aula de plástica sexa un espacio no que poidamos investigar e experimentar...
Fixemos a carta, fotocopiamos e entregámola na secretaría do cole, onde Diana, a secretaria, lle puso o selo de entrada.




18/1/16

Pintamos bandeiras!

Pincha na imaxe e poderás pintar bandeiras de diferentes países.
/

Pincha na imaxe e poderás facer crebacabezas coas bandeiras

15/1/16

Somos científicos.

Aprendemos a medir a masa e o volume da materia, como os bos científicos contrastamos as medidas e repetimos as medicións para confirmar os resultados; e por suposto tomas notas. 


































14/1/16

Música maestro!!




Unha vez que temos todo preparado.... que comece o concerto...

13/1/16

A que soa a música?

Estamos feitos uns artistas mirade o que somos quen de facer cuns vasiños de auga da billa e uns cables...
Empezamos preparando o ordenador!!