20/12/15

Nadal de xogos.

O 18 de decembro como despedida e fin de trimestre tivemos un taller e xogos tradicionais, tamén tomamos o chocolate con biscoito que estaba boísimo. Para rematar o día collemos cada un unha caixa da árbore de Nadal foi un día moi moi divertido!




10/12/15

Decoración de Nadal

Chegan as festas e xa temos preparada a porta da nosa clase ao estilo americano con coroa de flores e Papa Noel baixando cheminea cargadiño de agasallos para todos!!! HOHOHO


9/12/15

Temos unha nova wix!!

Aquí está! Xa estamos en marcha. Na marxe dereita atoparedes o enlace que vos levará a wix de terceiro de E.P VIAXEIROS POLO MUNDO.
Moitas sorpresas, xogos, e traballos vos están esperando!! Veña rapaces, preparade a maleta que comezamos a viaxe ... Destino... dar una volta ao mundo!!

Facemos un libro-

 
Aquí estamos preparando un libro coas tablas de multiplicar....
E tamén o libro dos amigos do 10!!