14/10/15

Emoticonos e refráns...

Comunicación no verbal… Ahora toca xogar cos refráns e os emoticonos…
No hay mal… que por bien no venga
No por mucho madrugar, amanece más temprano, Ojos que no ven, corazón que no siente, Al pan y al vino vino….
                                        Quedounos un mural super chulo…







Recordando Pompeya!

Somos un volcán en erupción… A nosa maqueta está preparada, a erupción é inminente… Sobrevivirán as árbores e as casiñas ao mar de lava que lles espera??

Nos próximos días colgaremos no blogue o vídeo do desenlace desta experiencia!



Á conquista do corredor!!

Xa está listo o noso mural do sistema solar… e aprendemos un monton de curiosidades. Sabiades que o sol en Venus sae polo lado contrario da Terra? Que e Marte acaban de descubrir auga líquida? Que entre a órbita de Xúpiter e Marte hai un planeta anano chamado Ceres?
É un tema apasionante!! hai planetas que tardan máis tempo en dar unha volta arredor de si mesmos que en xirar arredor do sol!! Planetas cheos de lava, planetas nos que pesaríamos moi pouco, planetas onde seríamos  pesadísimos…

En fin! Encantounos este tema!!!


Compartimos coñecementos!!

Recibimos a visita dos alumnos da profe Laura … viñan na procura de información sobre os eclipses de lúa!!

E fomos quen de responder as súas preguntas!!





A Lúa é unha oreo...

Aquí estamos de  novo... Esta vez facemos as fases da lúa coas galletas oreo.

Postos a comer para facer o cuarto crecente e o cuarto minguante a un grupo fóiselles a man e acabaron papando toda a galleta.... aínda así mirade que ben nos quedaron as fases da lúa!


Á conquista do espazo....

Empezamos a traballar e estamos moi, moi motivados... O sistema solar é un tema apaixonante!! Planetas, satélites, cometas, asteroides ….
Aquí temos como mostra as fantásticas maquetas de Ruth e Ainara.