25/9/15

Xa estamos en terceiro!!

Empezamos un novo curso no CEIP Espiñeira!!

Estamos xa en terceiro … o noso primeiro traballo foi facer un mural coas normas da aula. Os minions van axudarnos a recordalas … este vai ser un curso …. ESTUPENDO!!





Aprendemos dos expertos!!

Para rematar o curso 2014/2015, e a nosa investigación sobre a Idade Moderna, recibimos a visita dun experto da rama da saúde. Óscar, o pai de Candela, explicounos como era a vida dentro dos barcos na época de Colón, e como previr enfermidades. Aprendemos a lavar as mans de forma correcta, como facer unha boa alimentación e tamén a practicar os primeiros auxilios. Gustounos moito practicar co boneco ! Pasámolo xenial e aprendemos moitísimo!!!
Aprendemos a lavar as mans .

Candela entrega o diploma ao seu pai.

Fotografía de grupo.

 Comprobamos si respira e chamamos ao 112

un, dous ....

soplamos!!