18/5/15

Tarta para enemigos


Clica na imaxe se precisas volver escoitar a historia: Tarta para enemigos.

15/5/15

Tomamos medidas!!

Un metro, dous metros...cinta métrica, centímetros, kilómetros....
A medir... Todo vale, medimos as columnas, medimos o patio, medimos ao compañeiro, medimos o nariz....



14/5/15

UNHA HORA DE LER DIFERENTE...

Ler na natureza é relaxante... e pensamos que podemos empezar outra actividade.. A próxima semana os nenos de terceiro reservarán o seu espazo especial coa reseña: Este é a miña árbore de ler...

Volcán




Aquí vai rapaces o que levamos tempo agardando... facemos un volcán.


12/5/15

Atención navegantes

Fai uns días visitounos Andrés, o pai de Iago que traballa no mar. Ensinounos como orientarnos no mar grazas ao sextante e aos mapas de navegación. Foi estupendo. Se queremos ver máis cousas desta visita podemos visitar a wix na sección da Idade Moderna.
Iago preséntanos ao seu pai Andrés.

Sextante. Instrumento de navegación que serve para orientarnos pola posición do sol.

10/5/15

Insectos ata na tarta!

Esta semana estiveron de aniversario Lucía e Candela. Parabéns ás dúas!!!
Pero o curioso é, que a tarta de aniversario de Candela fai xogo co tema de naturais, xa que está decorada con xoaniñas: animais invertebrados, artrópodos e insectos para máis datos....
A tarta era toda unha obra de artesanía deliciosa.....
Estaba boísima!!


Crecendo!!!

Aínda parece que foi onte cando os plantamos e mira agora que grandes están!!
Uns días máis e teremos que cambialos de sitio … estamos buscando no xardín o mellor lugar para deixalos ceibes.  Botarémolos de menos …



Investigamos os animais


Esta nova unidade de Naturais está dando moito de si…. e estamos aprendendo unha morea de palabras novas: cefalotórax, quelícero, miriápodos, artrópodos…
E ademais fomos de safari polo cole… tres eran as normas a seguir: non correr, falar baixiño e non molestar aos animais.
Coa lupa na man para non perder detalle, investigamos na  charca na procura do becho máis interesante … cágados de discoglossus galganoi, larvas de libélula, barqueiros,  zapateiros e unha noctoneta, que é un insecto que nada de espaldas, o discoglossus galganoi  non o vimos pero si o escoitamos … non sabía das normas da profe, e croou canto quiso .



ovos de discoglossus

Estamos atentos para ver un barqueiro.

Unha larva de libélula e dous cágados da nosa  charca.

observamos un arácnido

Judith trae un crustáceo á aula