29/4/15

Unha mochila viaxeira moi larpeira!!

Este curso, a nosa mochila viaxeira leva un libro de receitas doces que está espertando a imaxinación e o goce pola repostería dalgunhas familias... o mellor é que as veces, traen a mostra á escola para que a probemos todos...
Estaba boísimo este paste que truxo Candela... non quedaron del, nin as migallas!!!

Candela e o seu muffin

16/4/15

Plantamos por equipos!!

A actividade comezou lendo as instrucións  da caixa do kit de plantación:Dentro da caixa  había 4 bolsas de terra de coco preparada e compacta, e catro bolsiñas de sementes.
Cada grupo tivo que poñer en común  e organizar os pasos antes de facer a plantación. Atopámonos co primeiro problema: necesitabamos 30 cl.de auga e non tiñamos a medida, o resolvemos coa axuda de Judith que nos prestou a súa botella de auga que era de 33cl, era a que nos valía porque a botella de Iago era de 50 cl. Unha vez que botamos a auga tivemos que esperar 3 minutos e despois remexemos a terra. Unha vez que fixemos todos os pasos plantamos as sementes e puxemos o nome nas etiquetas.
O equipo 1 decidiu repartir as sementes antes de plantalas, e como  eran 13 pipas de xirasol tocoulles plantar 4 a cada un, a que  sobrou que lle chamaron resto, plantouna a profe.
Comparamos as bolsiñasde terra de coco

Remexemos ben a terra.