20/12/15

Nadal de xogos.

O 18 de decembro como despedida e fin de trimestre tivemos un taller e xogos tradicionais, tamén tomamos o chocolate con biscoito que estaba boísimo. Para rematar o día collemos cada un unha caixa da árbore de Nadal foi un día moi moi divertido!




10/12/15

Decoración de Nadal

Chegan as festas e xa temos preparada a porta da nosa clase ao estilo americano con coroa de flores e Papa Noel baixando cheminea cargadiño de agasallos para todos!!! HOHOHO


9/12/15

Temos unha nova wix!!

Aquí está! Xa estamos en marcha. Na marxe dereita atoparedes o enlace que vos levará a wix de terceiro de E.P VIAXEIROS POLO MUNDO.
Moitas sorpresas, xogos, e traballos vos están esperando!! Veña rapaces, preparade a maleta que comezamos a viaxe ... Destino... dar una volta ao mundo!!

Facemos un libro-

 
Aquí estamos preparando un libro coas tablas de multiplicar....
E tamén o libro dos amigos do 10!!
 
 
 
 



18/11/15

Un magosto cheo de xogos.

 
Chegou unha das festas máis tradicionais: O MAGOSTO
Preparamos unas bolsiñas personalizadas coa técnica do puntillismo, durante una boa parte da mañá con xogos: A tartaruga, o pano, o paracaídas.... pasámolo xenial!!
 
 
 
 




14/10/15

Emoticonos e refráns...

Comunicación no verbal… Ahora toca xogar cos refráns e os emoticonos…
No hay mal… que por bien no venga
No por mucho madrugar, amanece más temprano, Ojos que no ven, corazón que no siente, Al pan y al vino vino….
                                        Quedounos un mural super chulo…







Recordando Pompeya!

Somos un volcán en erupción… A nosa maqueta está preparada, a erupción é inminente… Sobrevivirán as árbores e as casiñas ao mar de lava que lles espera??

Nos próximos días colgaremos no blogue o vídeo do desenlace desta experiencia!



Á conquista do corredor!!

Xa está listo o noso mural do sistema solar… e aprendemos un monton de curiosidades. Sabiades que o sol en Venus sae polo lado contrario da Terra? Que e Marte acaban de descubrir auga líquida? Que entre a órbita de Xúpiter e Marte hai un planeta anano chamado Ceres?
É un tema apasionante!! hai planetas que tardan máis tempo en dar unha volta arredor de si mesmos que en xirar arredor do sol!! Planetas cheos de lava, planetas nos que pesaríamos moi pouco, planetas onde seríamos  pesadísimos…

En fin! Encantounos este tema!!!


Compartimos coñecementos!!

Recibimos a visita dos alumnos da profe Laura … viñan na procura de información sobre os eclipses de lúa!!

E fomos quen de responder as súas preguntas!!





A Lúa é unha oreo...

Aquí estamos de  novo... Esta vez facemos as fases da lúa coas galletas oreo.

Postos a comer para facer o cuarto crecente e o cuarto minguante a un grupo fóiselles a man e acabaron papando toda a galleta.... aínda así mirade que ben nos quedaron as fases da lúa!


Á conquista do espazo....

Empezamos a traballar e estamos moi, moi motivados... O sistema solar é un tema apaixonante!! Planetas, satélites, cometas, asteroides ….
Aquí temos como mostra as fantásticas maquetas de Ruth e Ainara.



25/9/15

Xa estamos en terceiro!!

Empezamos un novo curso no CEIP Espiñeira!!

Estamos xa en terceiro … o noso primeiro traballo foi facer un mural coas normas da aula. Os minions van axudarnos a recordalas … este vai ser un curso …. ESTUPENDO!!





Aprendemos dos expertos!!

Para rematar o curso 2014/2015, e a nosa investigación sobre a Idade Moderna, recibimos a visita dun experto da rama da saúde. Óscar, o pai de Candela, explicounos como era a vida dentro dos barcos na época de Colón, e como previr enfermidades. Aprendemos a lavar as mans de forma correcta, como facer unha boa alimentación e tamén a practicar os primeiros auxilios. Gustounos moito practicar co boneco ! Pasámolo xenial e aprendemos moitísimo!!!
Aprendemos a lavar as mans .

Candela entrega o diploma ao seu pai.

Fotografía de grupo.

 Comprobamos si respira e chamamos ao 112

un, dous ....

soplamos!!

5/6/15

O aire é materia??

O pasado venres na aula de terceiro estivemos experimentando cos elementos: aire, auga e lume.
Queriamos comprobar si o aire ocupa espacio, é dicir, si ten volume, xa que xa sabiamos que ten masa.
Material: Un prato de porcelana, un vaso de cristal, unha candea de té, auga e un pouco de colorante alimentario que usamos de contraste para apreciar mellor o que pasaba.
Como facelo: Colocamos un pouco de auga nun prato, botámoslle o colorante, prendemos a candea e a tapamos cun vaso

3/6/15

Xogamos coas matemáticas

Aquí tedes un enlace para practicar figuras con tangran de forma on line.

18/5/15

Tarta para enemigos

video

Clica na imaxe se precisas volver escoitar a historia: Tarta para enemigos.

15/5/15

Tomamos medidas!!

Un metro, dous metros...cinta métrica, centímetros, kilómetros....
A medir... Todo vale, medimos as columnas, medimos o patio, medimos ao compañeiro, medimos o nariz....



14/5/15

UNHA HORA DE LER DIFERENTE...

Ler na natureza é relaxante... e pensamos que podemos empezar outra actividade.. A próxima semana os nenos de terceiro reservarán o seu espazo especial coa reseña: Este é a miña árbore de ler...

Volcán




Aquí vai rapaces o que levamos tempo agardando... facemos un volcán.


12/5/15

Atención navegantes

Fai uns días visitounos Andrés, o pai de Iago que traballa no mar. Ensinounos como orientarnos no mar grazas ao sextante e aos mapas de navegación. Foi estupendo. Se queremos ver máis cousas desta visita podemos visitar a wix na sección da Idade Moderna.
Iago preséntanos ao seu pai Andrés.

Sextante. Instrumento de navegación que serve para orientarnos pola posición do sol.

10/5/15

Insectos ata na tarta!

Esta semana estiveron de aniversario Lucía e Candela. Parabéns ás dúas!!!
Pero o curioso é, que a tarta de aniversario de Candela fai xogo co tema de naturais, xa que está decorada con xoaniñas: animais invertebrados, artrópodos e insectos para máis datos....
A tarta era toda unha obra de artesanía deliciosa.....
Estaba boísima!!


Crecendo!!!

Aínda parece que foi onte cando os plantamos e mira agora que grandes están!!
Uns días máis e teremos que cambialos de sitio … estamos buscando no xardín o mellor lugar para deixalos ceibes.  Botarémolos de menos …



Investigamos os animais


Esta nova unidade de Naturais está dando moito de si…. e estamos aprendendo unha morea de palabras novas: cefalotórax, quelícero, miriápodos, artrópodos…
E ademais fomos de safari polo cole… tres eran as normas a seguir: non correr, falar baixiño e non molestar aos animais.
Coa lupa na man para non perder detalle, investigamos na  charca na procura do becho máis interesante … cágados de discoglossus galganoi, larvas de libélula, barqueiros,  zapateiros e unha noctoneta, que é un insecto que nada de espaldas, o discoglossus galganoi  non o vimos pero si o escoitamos … non sabía das normas da profe, e croou canto quiso .



ovos de discoglossus

Estamos atentos para ver un barqueiro.

Unha larva de libélula e dous cágados da nosa  charca.

observamos un arácnido

Judith trae un crustáceo á aula

29/4/15

Unha mochila viaxeira moi larpeira!!

Este curso, a nosa mochila viaxeira leva un libro de receitas doces que está espertando a imaxinación e o goce pola repostería dalgunhas familias... o mellor é que as veces, traen a mostra á escola para que a probemos todos...
Estaba boísimo este paste que truxo Candela... non quedaron del, nin as migallas!!!

Candela e o seu muffin