20/12/10

Edilim sobre o Apalpador

Os alumnos de 4º E.P. estivemos traballando nestas datas de Nadal a figura do Apalpador.
Aquí deixámosvos un Edilim do conto o Apalpador, que gravamos coas nosas voces.

"Antón e o Apalpador"

18/12/10

Conto "Antón e o Apalpador"

O alumnado de 4º E.P. estivemos traballando nestas datas de Nadal a figura do Apalpador. Aquí tedes o conto "Antón e o Apalpador" contado por nós.

9/12/10

Canción de Nadal para 3º

Como non podía ser doutro xeito aquí tedes a canción para cantar este mes, pedimos o aguinaldo. A pedida do aguinaldo era requisito indispensábel para as roldas de mozos e mozas que saían cantar polas casas da parroquia. O Orfeón Treixadura e Malvela recrean neste tema varias coplas populares da pedida do aguinaldo.
Este tema atópase no CD Quiquiriquí.

OVOS E TORRESMOS

AGUINALDO PIDO
CON DISPOSICIÓN:
OVOS E TORRESMOS,
CAIXAS DE TURRÓN.
O AGUINALDO IMOS
E AO AGUINALDO ANDAMOS
SE NOS DAN AS FABAS
TAMÉN AS TOMAMOS.

DEA O AGUINALDO
SE O QUERE DAR
QUE BASTANTES PORCOS
TEN PARA MATAR.
DEA O AGUINALDO
ANQUE SEXA POUCO
TOUCIÑO E MEDIO
E A METADE DOUTRO.

DEA O AGUINALDO
SEÑORA CASADA
OVOS E TORRESMOS
FAN BOA EMPANADA.
DEA O AGUINALDO
SEÑORA SOLTEIRA
CARTOS OU TORRESMOS
O QUE VOSTÉ QUEIRA.

MOCIÑAS CASADAS
E MAILAS SOLTEIRAS
IDE SACUDINDO
NESAS FALDRIQUEIRAS.
DEA O AGUINALDO
QUEREMOS MARCHAR
VIMOS DE MOI LONXE
E HAI MOITO QUE ANDAR.

1/12/10

A castaña que rebentou de risa

Aquí tedes un xogo feito do conto "A castaña que rebentou de risa", picade na imaxe para xogar: