20/12/10

Edilim sobre o Apalpador

Os alumnos de 4º E.P. estivemos traballando nestas datas de Nadal a figura do Apalpador.
Aquí deixámosvos un Edilim do conto o Apalpador, que gravamos coas nosas voces.

"Antón e o Apalpador"

18/12/10

Conto "Antón e o Apalpador"

O alumnado de 4º E.P. estivemos traballando nestas datas de Nadal a figura do Apalpador. Aquí tedes o conto "Antón e o Apalpador" contado por nós.

9/12/10

Canción de Nadal para 3º

Como non podía ser doutro xeito aquí tedes a canción para cantar este mes, pedimos o aguinaldo. A pedida do aguinaldo era requisito indispensábel para as roldas de mozos e mozas que saían cantar polas casas da parroquia. O Orfeón Treixadura e Malvela recrean neste tema varias coplas populares da pedida do aguinaldo.
Este tema atópase no CD Quiquiriquí.

OVOS E TORRESMOS

AGUINALDO PIDO
CON DISPOSICIÓN:
OVOS E TORRESMOS,
CAIXAS DE TURRÓN.
O AGUINALDO IMOS
E AO AGUINALDO ANDAMOS
SE NOS DAN AS FABAS
TAMÉN AS TOMAMOS.

DEA O AGUINALDO
SE O QUERE DAR
QUE BASTANTES PORCOS
TEN PARA MATAR.
DEA O AGUINALDO
ANQUE SEXA POUCO
TOUCIÑO E MEDIO
E A METADE DOUTRO.

DEA O AGUINALDO
SEÑORA CASADA
OVOS E TORRESMOS
FAN BOA EMPANADA.
DEA O AGUINALDO
SEÑORA SOLTEIRA
CARTOS OU TORRESMOS
O QUE VOSTÉ QUEIRA.

MOCIÑAS CASADAS
E MAILAS SOLTEIRAS
IDE SACUDINDO
NESAS FALDRIQUEIRAS.
DEA O AGUINALDO
QUEREMOS MARCHAR
VIMOS DE MOI LONXE
E HAI MOITO QUE ANDAR.

1/12/10

A castaña que rebentou de risa

Aquí tedes un xogo feito do conto "A castaña que rebentou de risa", picade na imaxe para xogar:


4/11/10

Edilim sobre Pontevedra

Aquí tedes un Edilim elaborado polos mestres do CEIP San Martiño de Salcedo sobre a cidade de Pontevedra. Grazas polo voso traballo.


15/10/10

Canción do Samaín

Aquí tedes un vídeo coa canción do Samaín de "Mama Cabra" (Cd "Patatín patatán". O vídeo foi elaborado polo equipo da biblioteca do CEIP Mestres Goldar.

22/9/10

Touporroutou

Empezamos novo curso e este ano seguiremos aprendendo cancións, ditos e recitados en galego, aí vos vai o primeiro:

Touporroutou

- Touporroutou, vou para Roma.
- Touporroutou, por unha corredoira.
- Touporroutou, ¿que vas buscar?
- Touporroutou, unha presa de sal.
- Touporroutou, ¿para que é o sal?
- Touporroutou, para botarlles ás verzas.
- Touporroutou, ¿para que son as verzas?
- Touporroutou, para botarlle ó caldo.
- Touporroutou, ¿para que é o caldo?
- Touporroutou, para botarlles ás galiñas.
- Touporroutou, ¿para que son as galiñas?
- Touporroutou, para poñer ovos.
- Touporroutou, ¿para que son os ovos?
- Touporroutou, ¡para comelos todos!.

12/5/10

No niño novo do vento

Canción para o terceiro trimestre:

No niño novo do vento
hai unha pomba dourada. (bis)

Quen puidera namorala
quen puidera namorala, meu amigo. (bis)

Canta o luar e o mencer
en frauta de verde olivo. (bis)

Quen puidera namorala
quen puidera namorala, meu amigo.(bis)

Ten aires de frol recente
e cousas de recen casada. (bis)

Quen puidera namorala
quen puidera namorala, meu amigo (bis)

Tamen ten sombra de sombra
e andar primeiro de rio. (bis)

Quen puidera namorala
quen puidera namorala, meu amigo.

26/4/10

O maio no colexio


Para os que non se lembran da canción do noso Maio aquí a tedes para aprendela:

Eiqui ven o Maio,
vestidos de xestas,
para darlle as grazas
a señora Teresa.

Eiqui ven o Maio,
vestido de flores
para darlle as grazas
a señora Dolores.

Eiqui ven o Maio,
por riba dos tellados,
eiqui ven o Maio
de roubar os espantallos.

Eiqui ven o Maio,
por riba das testas,
eiqui ven o Maio,
vestido de xestas.

Eiqui ven o Maio
pola Costa da Vela,
eiqui ven o Maio
camiño de Compostela.

Eiqui ven o Maio
pola pescadería,
eiqui ven o Maio
camiño da Romaría.

Eiqui ven o Maio
polos muros da eira,
eiqui ven o Maio
do colexio de Espiñeira.

23/4/10

Abril, mes do libro

Aquí tedes a presentación feita polos nenos e nenas de sexto do colexio Quintela de Moaña.

PICA AQUÍ

9/4/10

Rata Linda de Compostela



O próximo martes 13 de Abril imos ir ao Auditorio de Cangas a asistir a unha representación de Rata Linda de Compostela. Para que saibades de que vai aquí tedes un resumo:

´No Monte do Gozo, preto de Compostela, vive Rata Linda. Tamén vivía alí o Rato, que marchou para o estranxeiro.Un día, Rata Linda atopa unha moeda que lle caera a Don Gato. Con ela, vai á tenda e merca un fermoso lazo, que pon na cabeza.Como estaba no balcón, algúns animais que pasaban por alí viana e pedíanlle para casar con ela. O Can, o Burro, o Grilo e o Gato foran facéndolle a petición. A Rata acepta casar con Don Gato, pero este o único que quere é recupera-la moeda.Rata Linda consegue desfacerse de Don Gato, facendo que caia a un pozo e afogue nel. E, despois disto, atopouse con que o Rato volvera da súa viaxe e tamén lle pedía para casar. Rata Linda acepta, e os dous marchan xuntos ´´a Santiago de Compostela, por mirar a Catedral´´.´

3/3/10

O GATO

O GATO

Xuntáronse catro un día,
os millores deste barrio,
mataron un gato a tiros
e o meteron nun saco.
Vai o gato metido nun saco,
vai o gato prá terra da Laxe;
vai o gato metido nun saco,
ai, gatiño! xa non volve máis. (Bis)
Que mal lles parecería
a calquera deses catro,
que os meteran nun saco
como meteron o gato.
Vai o gato...
Aquel gato era un artista,
traballaba na ribeira,
agora é un bañista
na praia da Castiñeira
Vai o gato...




Artigo do "País" publicada o 8/9/2009 "El gato de A Roda tenía tiña"

19/2/10

A COMUNICACIÓN AO LONGO DA HISTORIA


O venres pasado celebramos no cole o Entroido. Este ano o tema escollido foi a recreación das distintas épocas da historia. Cada ciclo escolleu unha época e despois de estudala, elaborou os disfraces dos personaxes máis representativos: podiamos empezar cos prehistóricos, seguimos coa época romana e medieval e para rematar coa idade contemporánea.
Os do terceiro ciclo eliximos A Idade Media e como é tan variada fomos disfrazados de monxes, de campesiños, de guerreiros cristiáns e árabes, de Alfonso X, de Califa, de Cid Campeador, de xograr de trovador…. Canta variedade!!!
Ademais tamén houbo música que nos animou todo o desfile.
Como remate, filloas e orellas para todo o mundo. Unha festaza!!

20/1/10

Día da Paz: 30 de xaneiro



Os de 3º e 4º andamos a investigar sobre GHANDI. Na hora de ler estamos cun libro da Biblio que fala da súa vida.

Tamén faremos unha wequest (C.E.I.P. Manuel Pérez)