25/11/09

CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO


Hoxe 25 de novembro celébrase O DÍA MUNDIAL DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO. Na nosa biblioteca, despois do recreo, imos ver uns vídeos e cantaremos unhas cancións todos/as xuntos.

23/11/09

A saia da Carolina


Aquí tedes a letra e música da "Carolina", imos aprendela e cantala:

A CAROLINA

A saia da Carolina
ten un lagarto pintado;
cando a Carolina baila,
o lagarto dálle ó rabo.

Bailaches Carolina?
Bailei, si señor.
Dime con quen bailache.
Bailei co meu amor (tres veces)
Bailaches Carolina?
Bailei, si señor.

A Carolina é unha tola
que todo o fai ó revés,
véstese pola cabeza
e díspese polos pés.

Bailaches Carolina?
Bailei no cuartel.
Dime con quen bailache.
Bailei co coronel (tres veces)
Bailaches Carolina?
Bailei, no cuartel.

O señor cura non baila
porque ten unha coroa.
Baile, señor cura, baile,
que Deus todo llo perdoa.

Bailaches Carolina?
Bailei, abofé.
Dime con quen bailaches.
Bailei co meu Xosé (tres veces)
Bailaches Carolina?
Bailei, abofé.

No curro da Carolina
non entra carro pechado,
namais entra a Carolina
co seu cocho polo rabo.

Bailaches Carolina?
Bailei, si señor.
Dime con quen bailache.
Bailei co meu amor. (tres veces)

Co teu amor, Carolina,
non volvas a bailar,
porque che levanta a saia
e é moi mala de baixar. BIS

10/11/09



SENSACIÓNS PREVIAS AO SAMAÍN



Antes de celebrar o Samaín estamos todos un pouco nerviosos, algún non sabemos moi ben a canción e, outros (incluído eu) non temos aínda o disfraz posto. Tampouco sabemos se cos nervios váisenos ir a canción da cabeza. Pero eu creo que todo vai saír ben.
Os maiores teñen preparada una sorpresa… Só faltan dúas horas para a festaaaaaa!
André, 3º E.P.

Eu, cando se achega o SAMAÍN estou nervioso, impaciente… Esta mañá, ao entrar no colexio, ao ver aos profes disfrazados de bruxos/as e esqueletos, deume un arrepío por todo o corpo Brrrr!!!!
Ah!, os de sexto teñen una sorpresa que creo que é que dan gominolas
Xián, 3º E.P.

As horas previas ao Samaín son aburridas se a cabaza che sae ao revés do que queres e se se che rompe. Será alegre se a cabaza che sae como ti queres e tamén se che quedara terrorífica. Será triste se non levas calabaza ou se cabaza se che rompe e xa non podes levar ninguna.
E… estas son as sensacións do SAMAÍN.
Andrés, 4º E.P.

Sinto moito medo, hai bruxas e vampiros polos corredores. Cada hora que pasa está máis preto a celebración do Samaín con mortos vivintes e esqueletos. Cando é o Samaín cantamos cancións terroríficas que falan dos que nos van asustar cos seus pelos e caveiras cando pola túa porta vaian petar.
Brais 4º E.P.

Cando estou a punto de saír ao escenario, póñome moi nervioso, moi feliz e alegre. Ver a todo o cole disfrazado é moi guai, pero sigo estando con nervios. Cando comenzamos a cantar, xa non estou nervioso.
Ao rematar de cantar, sinto un alivio inmensoooooo…!
Abel, 3º E.P.